Please enable JS
  • slider21.jpg

Xa está dispoñible o libro de Actas do I Simposio Internacional de Educación Musical e Materiais Didácticos organizado en Santiago de Compostela o pasado ano 2019 pola IARTEM (International Association for Research on Textbooks and Educational Media) e o grupo de investigación Stellae.

Foi editado, entre outros, por Mª Rosa Vicente e Jesús Rodríguez, ambos membros do grupo Stellae, como tamén o son as compañeiras Almudena Alonso, Antía Cores e Silvia López; todas elas membros do comité organizador de dito evento.

A necesidade de crear un espazo para o debate e a difusión da investigación educativa en canto a materiais empregados na educación musical foi a base para a creación deste simposio que vinculou deste xeito, profesionais e materiais de países como España, Brasil, Portugal, Inglaterra, Exipto ou Italia.

Podedes acceder ó libro premendo na seguinte ligazón:

https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/23403

Nel poderedes atopar unha revisión a materiais e prácticas educativas referentes á música dende unha perspectiva internacional pero tamén dende visións próximas ós diversos espazos xeográficos xa citados.

MUSIC EDUCATION