Please enable JS
  • slider21.jpg

A Xunta de Galicia conforme a Orde do 12 de agosto do 2020 concedeu a Ángela González Villa, integrante do Grupo de Investigación Stellae, o Premio Fin de Carreira no Grao en Pedagoxía por obter o mellor expediente académico na promoción 2015-2019.
Estes premios de convocatoria competitiva diríxense ao alumnado da comunidade autónoma de Galicia que finalizou os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2018/2019 cunha excelente traxectoria académica nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG). Os alumnos son seleccionados por unha comisión avaliadora atendendo ao expediente académico coa cualificación de nota media máis alta obtida polo alumno / a en cada unha das distintas titulaciones de grao do Sistema Universitario de Galicia.Estes premios supoñen un recoñecemento de carácter oficial entre os estudantes que contan co mellor expediente académico da súa titulación universitaria

 

Angela gonz