Please enable JS
  • slider21.jpg

As profesoras Esther Vila, Ana Rodríguez Groba e Esther Martínez Piñeiro, membros do grupo Stellae, acaban de publicar o artigo “A competencia dixital dos preadolescentes galegos/ as antes da pandemia: e agora que?” na monográfico «Investigación en Tecnoloxía Educativa apoiada en métodos mixtos» da Revista Relatec (Revista Latioamericana de Tecnoloxía Educativa) no volume 19 número 2.

O artigo reflexiona sobre o confinamento sufrido na primavera de 2020 e os cambios que supuxo, entre outros, a aplicación xeneralizada do ensino telemático en todos os niveis educativos, poñendo en evidencia os problemas de dotación, conectividade e tamén as limitacións formativas dos estudantes, entre elas, o escaso desenvolvemento da Competencia Dixital (CD) para afrontar este reto. Se parte dos datos obtidos a través do proxecto CDEPI ( http://stellae.usc.es/cdepi/? lang=é ) para analizar cal foi o escenario ao que se enfrontaron os preadolescentes galegos e con que bagaxe fixeron fronte.

Enlace ao artículo: https://relatec.unex.es/article/view/3890

Toda a información sobre omonográfico: https://relatec.unex.es/issue/view/270

 

relatec