Please enable JS
  • slider21.jpg

Adriana Gewerc, coordinadora do grupo de Investigación Stellae, participou onte na mesa redonda “A transformación dixital da docencia universitaria: Cambiar o paradigma educativo?” no XI Congreso Iberoamericano de Docencia Universitaria, coa temática central “a transformación dixital da universidade” que, está a desenvolverse en modalidade en liña entre o 27 e o 29 de xaneiro.
Estivo acompañada por Antonio Teixeira (Profesor na Universidade Aberta) e Mª Teresa Lugo (Profesora da Universidade Nacional de Quilmes). A mesa permitiu o intercambio de perspectivas sobre os cambios no ensino e sobre a educación de emerxencia derivada do Covid19 desde diferentes perspectivas. As achegas de cada un dos expertos posibilitou obter unha pintura das condicións e problemas que as institucións universitarias teñen que abordar para seguir transitando na incerteza da pandemia e tamén acerca das transformacións son necesarias para pensar na pos-pandemia.

adricidu
Máis información sobre o congreso https:// cidu2020. ull.es/programa/