Please enable JS
  • slider21.jpg
 

O Seminario “Obradoiro de avaliación de materiais didácticos” na súa VII edición levarase a cabo os días 19 e 20 de febrero, en Vedra (A Coruña).

O seminario está organizado por varios membros de Stellae e procura ter un carácter innovador e emprendedor como parte necesaria da formación docente actual.

Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino (reglado ou non). O número máximo de asistentes é de 80 e o prazo de matrícula é ata o 14 de Xaneiro.

Ademáis outros membros de Stellae presentarán o monográfico “Redes Sociais e Educación”, publicado no mes xuño na Revista Galega de Educación. Toda a información en: http://nova-escola-galega.org/webdefault.aspx?MenuInd=1&MenuId=361&Lng=gl-ERES&tl=0