Please enable JS
  • slider21.jpg

O IV Congreso A Fenda Dixital terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela os días 7, 8 e 9 de abril de 2016. Este evento, organizado por algúns dos membros do Grupo de Investigación Stellae, preténdese converter nun espazo de encontro internacional co fin de xerar debate sobre o estado actual das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nos diferentes contextos educativos. Especificamente, o obxectivo principal do Congreso é analizar as posibilidades que as TIC poden ofrecer para contribuír ao desenvolvemento de procesos de inclusión educativa, á abordaxe das necesidades educativas especiais e a facilitar ou promover a igualdade.

Para presentar una comunicación os interesados deben enviar o título e o resume ata o 10 de decembro e será confirmada a aceptación das comunicacións pola organización antes do 20 de decembro. A entrega do texto completo farase o 20 de xaneiro. Os prezos ata marzo son de 45 Euros para profesorado e outros profesionais, e de 25 Euros para estudantes, persoas desempregadas e membros de Nova Escola Galega (NEG).

Máis información en: https://fendadixital.wordpress.com/