Información sobre o SEP 2016, XVI Congreso Nacional e VII Congreso Iberoamericano de Pedagoxía: Democracia e Educación no século XXI (Facultade de Educación, Universidade Complutense de Madrid, do 28 ao 30 de Xuño de 2016).

http://www.congresodepedagogia.com/  

O grupo Stellae participa en SEP 2016 como parte da Rede Universitaria de Investigación e Innovación Educativa (REUNI+D) coas seguintes “liñas estratéxicas”:

  • Metodoloxías multimodais e participativas.
  • Redes de investigación e práctica.
  • Contornas, culturas e identidades na educación dixital.

Convidamos a todos aquelas persoas interesadas en participar en SEP 2016, a inscribirse nunha desas tres liñas no momento de presentar a súa contribución: 

http://www.congresodepedagogia.com/tematicas-del-congreso/ 

Nestes momentos, xa se atopa aberto o rexistro para enviar achegas ao Congreso (pode consultarse o apartado “Contribucións” da web do SEP 2016). Destacamos que o seu Comité Científico seleccionará as 15 mellores propostas de traballos que se envíen antes do 10 de xaneiro de 2016, para a súa posible publicación na revista Bordón. Máis información en: 

http://www.congresodepedagogia.com/publica-bordon/ 

SEP2016