imprimir

O monográfico REDES SOCIAIS E ENSINO, da "Revista Galega de Educación" (http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/rge%2062%20contidos_abstracts.pdf ) foi presentado onte na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte. Fernando Fraga e Ana Rodríguez Groba, membros do grupo Stellae e coordinadores do número xunto con Adriana Gewerc, realizaron unha presentación no marco da "Semana da Educación" que se está levando a cabo na Universidade de Santiago de Compostela. (http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/sde.html )

 

O obxectivo foi a divulgación do monográfico e a posibilidade de compartir co público:como se creou este monográfico e con que obxectivos.