imprimir

O profesor Fernando Guimarães impartirá unha charla/coloquio o mércores 17 ás 19.00 na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte. AULA 32

O profesor Fernando Guimarães é Doutor en Estudos sobre a Infancia, e licenciado en Matemáticas e Ciencias da Natureza.

Actualmente profesor no Instituto de Educación da Universidade de Miño, onde imparte clases sobre os cursos de formación de profesores na área das ciencias e didáctica do ensino das ciencias.

Participa tamén na orientación de traballos de mestría e de doutoramento en Portugal e no estranxeiro.

Esta charla que leva por título "Ciencias Naturais e Libros de Texto:  unha análise de materiais didácticos na Educación  Básica en Portugal" realizarase como actividade formativa apoiada polo Grupo de Investigación Stellae.