imprimir

Fernando Guimarães impartiu unha charla/coloquio onte mércores 17 ás 19.00 en Maxisterio.

A ela asistiron tanto alumnos da materia "Deseño e Elaboración de Materiais Didácticos" como outros docentes e alumnos interesados.

O profesor Guimarães debateu sobre os Libros de Texto e as Ciencias Naturais na Educación Básica de Portugal.

Este profesor impartirá tamén unha charla no "VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de materiais didácticos: Rede e Tecnoloxía: Desafíos educativos en comunidade" que terá lugar o vindeiro venres e sábado en Vedra.