Please enable JS
  • slider21.jpg

Membros de Stellae participan na coordinación da mesa redonda "Traxectoria dá comunidade xitana de Fontiñas"  para conmemorar o 8 DE ABRIL "DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO".


8 de Abril ás 17.00. Centro Sociocultural de Fontiñas.


 
 As liñas de traballo sociocomunitario  en rede, consolidadas no barrio compostelán de Fontiñas, focalizan o seu interese en ámbitos como a convivencia positiva, a inclusión social e a diversidade. En todas elas ten cabida o traballo coa comunidade xitana, tan presente nos centros educativos e na contorna.


Ante a petición de colaboración de varias familias xitanas para poñer en marcha esta actividade, o IES Antonio Fraguas e a UTS  (Servizos Sociais) de Fontiñas, co apoio de todas as entidades do barrio,  puxémonos mans á obra para dar forma a unha proposta que arrinca dende o propio seo da comunidade xitana.

Ademais da celebración en si, o evento pretende dar conta da traxectoria da comunidade xitana en Galicia, pero especialmente en Santiago e en Fontiñas. Para iso, proponse un percorrido por historias de vida que recollen o onte  (ACHETÉ) cun vídeo que realizamos con testemuños dos maiores, o hoxe (ACHIBÉ ) e o mañá (CALLICÓ) cunha mesa redonda na que participarán membros de diferentes idades e troncos familiares.