Varios membros do Grupo Stellae presentaron comunicacións no IV Congreso a Fenda Dixital, durante as sesións celebradas o xoves día 7: Almudena Alonso, Ana Rodríguez-Groba e Fernando Fraga como co-autores de “Impacto del Proyecto Abalar en Galicia: análisis global de la inclusión de recursos digitales en el ámbito escolar”; e Raúl Eirín como autor de “O Proxecto IRIS”.

O venres día 8, Carmen Denébola Álvarez participará coas comunicacións tituladas “Características dos materiais didácticos dixitais elaborados polos concellos” e “Os materiais dixitais na intervención psicopedagóxica da diversidade” (esta última en colaboración con Ana Parada, do Grupo GIE).

Máis información no programa do Congreso:

https://fendadixital.wordpress.com/programa/

 

Almudena Alonso (á dereita da imaxe) en A Fenda Dixital

 

 Raúl Eirín en A Fenda Dixital