Please enable JS
  • slider21.jpg

Sandra Dorado

Despacho: 29

Extensión:  13942

ORCID0000-0001-5196-6460

Dirección: Rúa Xosé María Suárez Núñez. (C.Sur) 15782  Santiago De Compostela (A Coruña)

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Traxectoria profesional:

Graduada en Pedagoxía (2015) na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación realizando o Máster en Procesos de Formación (RD 1393/2007), finalizando esta etapa cun Traballo Fin de Máster sobre a influencia das Redes Peroais de Aprendizaxe (Personal Learning Network) na competencia dixital do alumnado de educación obrigatoria.

Tras uns meses participando no grupo de investigación cunha Bolsa de Colaboración (2014-2015), actualmente está contratada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU 2015), polo que se atopa desenvolvendo a súa actividade investigadora dentro do grupo e realizando a súa tese centrada no estudo da "Competencia dixital e redes persoais de aprendizaxe de estudantes en educación obrigatoria".

Esta formación vese complementada coa asistencia e participación en congresos, xornadas, cursos e seminarios que teñen como obxectivo o estudo das tecnoloxías da información e comunicación nos distintos niveis educativos. Plantéxase tamén a realización de estancias internacionais en aquelas universidades que teñan como eixo fundamental a tecnoloxía e a didáctica.