Please enable JS
  • slider21.jpg

O Grupo de Investigación Stellae recibiu o segundo premio no Concurso de Ideas e Procesos Colaborativos para o Emprego (INDEA), grazas ao seu proxecto “Avaliación colaborativa do videoxogo como medio para a educación, formación profesional e convivencia social”. 

Este proxecto preséntase como unha idea colaborativa para levar a cabo no Concello de Santiago de Compostela, implicando a diferentes axentes sociais do territorio: centros educativos, empresas, AMPAS, centros de Formación Profesional, Universidade de Santiago de Compostela, etc.

O obxectivo é crear unha rede de colaboración e apoio centrada nos videoxogos -concretamente na súa avaliación- mediante o intercambio de saberes e recursos entre o Grupo de Investigación Stellae e a cidadanía.