Silvia López Gómez, do Grupo de Investigación Stellae, recolleu o segundo premio do Concurso de ideas innovadoras para o emprego, entregado no marco do Foro de Economía Social Inspiradora. Emprender na Adversidade, celebrado en Cersia Empresa (Santiago de Compostela) o 15 de decembro. 

Premio Silvia

O premio foi concedido polo proxecto Avaliación Colaborativa do Vídeoxogo como Medio para a Educación, Formación Profesional e Convivencia Social, que aborda “un reto de total actualidade e incidencia social, con orixinalidade e vontade de experimentación para propor solucións adaptadas ás necesidades da comunidade educativa compostelá”.

Máis información na web do Concello de Santiago de Compostela.