Please enable JS
  • slider21.jpg

A semana pasada, o presidente da Federación de ANPAS Compostela (FANPA), Fernando Lacaci, e a secretaria e membro do Grupo de Investigación Stellae, Esther Martínez Piñeiro; presentaron a súa iniciativa nunha rolda de prensa organizada na librería Couceiro. Dita iniciativa céntrase en coñecer a opinión das familias con fillos/as en idade escolar sobre os comedores,  para dar os primeiros pasos cara un novo modelo de xestión.

 

 

Para iso, entregáronse 2.760 cuestionarios en nove colexios públicos santiagueses; abordando cuestións como o prezo do menú, procedencia dos alimentos ou o tipo de actividades realizadas unha vez finalizada a hora da comida.

Ao longo desta semana, coñeceuse que máis dun 30% das familias responderon ás enquisas, superando as expectativas iniciais previstas desde FANPA. Agora, analizaranse os datos; para a continuación, realizar unha valoración global dos resultados. Estes daranse a coñecer nas II Xornadas sobre comedores escolares, que se celebrarán o 18 de febreiro en Ames.