Please enable JS
  • slider21.jpg

A semana pasada, membros do Grupo de Investigación Stellae -Silvia López e Sandra Dorado- estiveron organizando e preparando o seu taller “Videoxogos para promover cambios sociais. Coñecer e analizar xogos serios dirixidos ao tratamento de problemáticas actuais”, encadrado no VIII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos que terá lugar os días 17 e 18 de Febreiro de 2017 no CPI Plurilingüe Virxe dá Cela en Monfero (A Coruña).

 

 

Por medio dunha metodoloxía teórico-práctica abordarase a función transformadora dos videoxogos na sociedade actual. Os asistentes a este taller poderán coñecer as potencialidades dos xogos serios, os criterios a ter en conta na súa selección ou o modo de analizalos. Todo isto co fin de que os suxeitos dispoñan das ferramentas necesarias para cuestionar os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.

Se estás interesado/a neste obradoiro ou queres botarlle un ollo aos demáis, non dubides en acceder a información dispoñible na seguinte ligazón: http://nova-escola-galega.org/webdefault.aspx?MenuInd=0&MenuId=379&Lng=gl-É&tl=0