Please enable JS
  • slider21.jpg

O alumnado de 3º do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, tivo a semana pasada a súa última clase de Tecnoloxía Educativa.

A proposta para esta última clase foi unha xincana de códigos QR -situados en diferentes espazos da Facultade de Ciencias de Educación (Campus Vida) - nos que se abordaron diferentes aspectos traballados ao longo da materia.

O eixo condutor da sesión foi a serie actualmente de moda "13 razóns", que neste caso tivo como obxectivo que os/as alumnos/as buscasen 13 razóns polas que aprender sobre Tecnoloxía Educativa e onde as docentes utilizaron tamén 13 razóns que especificaban como viviran elas a materia. Ademais, en similitude coa serie, entregouse ao alumnado unha gravación cun audio explicativo e un mapa con diferentes códigos.

 

 

A proba número 13, para finalizar a sesión, alumnos/as e profesoras situáronse no exterior da facultade co obxectivo de elaborar unha rede de aprendizaxe. Para iso, pedíuselle a cada un dos asistentes que lanzase un cordel a unha persoa da que aprendese algo ao longo da materia. E así aos poucos..., foise construíndo a rede de aprendizaxe da materia de Tecnoloxía Educativa.