Please enable JS
  • slider21.jpg

O equipo da Universidade de Vigo conformado por Martín LLamas Nistal, Manuel  Caeiro Rodríguez, Fernando A.  Mikic Fonte, Nuno Martins, Juan Manuel Santos Gago e Luís E. Anido  Rifón presentará o proxecto europeo  ADLES (Contornas de aprendizaxe dixital activa nas escolas) na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Este proxecto é impulsado pola inquietude de favorecer a aprendizaxe activa para o desenvolvemento de competencias. A análise da situación actual en cada un dos países partícipes, en termos de: necesidades do profesorado, estudantado e outras partes interesadas; tradúcese na proposta de traballar co profesorado para implementar metodoloxías de aprendizaxe activa baseadas en problemas, co apoio dunha plataforma en liña. A plataforma inclúe un conxunto dixital que permite a produción, o almacenamento, o intercambio e a reutilización dos problemas e desafíos. De forma que o estudantado pode experimentar, colaborar e comunicarse; xerando unha comunidade de aprendizaxe estendida e multinacional.

A presentación e proba da plataforma terá lugar o venres 12, ás 16.00, na aula 8 (módulo A) da Facultade de Ciencias da Educación; e a participación é aberta a quen estea interesadas/vos en asistir.