Please enable JS
  • slider21.jpg

O grupo Stellae e membros da Universidade Autónoma de Madrid, con motivo do proxecto CDEPI (Competencia Dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión) acaba de publicar un libro que ten como título "Competencia dixital e pre-adolescencia. Os desafíos da e-inclusión" editado por Editorial Síntese e coordinado por Adriana Gewerc e Esther Martínez Piñeiro.

Nel pódense atopar 7 capítulos que describen e narran a vida dixital de 7 nenos/ as de 11 e 12 anos nas comunidades de Galicia e Madrid. leva a cabo un minucioso estudo cualitativo onde se mostra o día a día en contacto coas tecnoloxías, observando como, que e onde aprenden as habilidades necesarias para sentirse partícipes do século no que lles toca vivir

Como sinala Lourdes Montero no prólogo "Este libro vai dirixido a todos aqueles lectores a quen os significados de educar, ensinar e aprender na era dixital inquieta, concierne e consideran un dos problemas relevantes para a investigación educativa na contemporaneidade. É dicir, a todos nós, familias, profesorado, estudantes e investigadores, de maneira especial. O seu obxecto de estudo, o desenvolvemento da competencia dixital (en diante CD) en nenos e nenas de sexto curso de Educación primaria forma parte dese conxunto de habilidades, alfabetizacións e competencias ineludibles para lidar cos crecentes desafíos da era dixital neste século XXI (...) "Penetrarse na forma na que as tecnoloxías dixitais modulan o día a día das novas xeracións nos diferentes ambientes polos que transitan, cos capitais culturais construídos e por construír, cos seus matices e claroscuros, as súas posibilidades e límites, o seu crecemento nun mundo hiperconectado… resulta unha aventura necesaria e apaixonante".

Os autores do libro son:

Adriana Gewerc

Esther Martínez Piñeiro

Lourdes Montero Mesa

Fernando Fraga

Esther Vila

Eulogio Pernas

Helena Zapico

Ana Rodríguez Groba

Rosa Esteban

Ada Freitas

Moussa Boumadan

Carmen Andrés

Joaquín Paredes

Pablo Sánchez

Almudena Alonso-Ferreiro

Boris Vázquez-Calvo

Uxía Fernández Regueira

[Mais información sobre o proyecto en http://stellae.usc.es/cdepi/index.php/proyecto/?lang=gl ]