Please enable JS
  • slider21.jpg

A Revista Colombiana de Educación, publicación cuadrimestral da Subdirección de Xestión de Proxectos - Centro de Investigacións- da Universidad Pedagógica Nacional (Colombia), solicita artigos para un dossier sobre “Videoxogos e Educación. Investigacións, tendencias e oportunidades”. Esta edición conta, en calidade de editores invitados, con membros do Grupo de Investigación Stellae e da Universidade de Santiago de Compostela: Jesús Rodríguez-Rodríguez e Silvia López-Gómez.

Neste dossier preténdese publicar resultados de investigacións científicas relacionadas cos videoxogos como medios educativos, así como estudos nos que se afonde no seu desenvolvemento e análise. En concreto, solicítanse artigos que aborden temas como:

  • Videoxogos: oportunidades educativas e riscos.
  • Videoxogos e aprendizaxe.
  • Serious Games: deseño, implementación e análise.
  • Deseño pedagóxico de videoxogos.
  • Arquitectura, procesos de desenvolvemento e probas de videoxogos para educación.
  • Efectos dos videoxogos en alumnado con diversidade.
  • Videoxogos e actividade física do alumnado.
  • Uso dos videoxogos en educación.
  • Investigación sobre videoxogos no panorama internacional.
  • Tendencias e enfoques metodolóxicos actuais na investigación sobre videoxogos.
  • Formación relacionada cos videoxogos (profesorado, alumnado, familias).
  • Análise do contido de serious games ou videoxogos educativos.
  • Deseño, desenvolvemento, avaliación e utilización de videoxogos en contextos educativos (centros educativos, universidade, museos, centros sociais…)
  • Videoxogos nos currículos educativos.

A data límite para subir contribucións á plataforma da revista é o 30 de setembro de 2020.

Máis información en: https://revistas.pedagogica.edu.co/index.php/RCE/announcement/view/150

A revista está indexada en Scopus.

Imaxe galego