Please enable JS
  • slider21.jpg

De o 14 ao 18 de novembro de 2022 levouse a cabo, no marco do proxecto da UE Improving quality standards for career learning and guidance (Guiding Schools) (2020-2023): 2020-1-IT02-KA201-079116, a Formación internacional acerca da mellora dos estándares de calidade para a orientación e a aprendizaxe profesional. 

As profesoras Rebeca García Murias e Elena Fernández Rey (USC), do grupo de investigación Stellae, tiveron a ocasión de asistir ao devandito encontro en categoría de partners e expertas no tema, xunto con dúas profesoras provenientes dun Centro Integrado de Formación Profesional en Galicia.

O evento tivo lugar na Universidade de Bari (Italia), onde os socios do proxecto xunto con outros profesionais no ámbito educativo e da orientación para a carreira en Europa tiveron a ocasión de debater diversos aspectos de interese desde un enfoque tanto teórico como  práctico. Concretamente, tras unha breve presentación do proxecto de investigación mencionado levouse a cabo unha introdución á formación (obxectivos e métodos) que se desenvolvería ao longo da devandita semana. Seguidamente, comezaron as dinámicas de traballo e de grupo (grupos de discusión, talleres de traballo, presentacións...) onde os diversos profesionais tiveron a ocasión de intercambiar e compartir experiencias e expectativas  en relación a múltiples aspectos relevantes, entre outros: Que entendemos por calidade en orientación para a carreira?; Unha viaxe por Europa, a orientación educativa en diversos países europeos; Grupo de discusión internacional acerca das seis áreas para garantir unha orientación de calidade a todos os estudantes  (presentación do manual Guiding Schools); Educación para a carreira: creación de actividades de aprendizaxe para a carreira profesional; Información sobre a carreira: recursos e ferramentas para apoiar aos estudantes na exploración e planificación das súas carreiras académico-profesionais; Asesoramento para a carreira: a necesidade dunha conversación cualificada con expertos, un centro de orientación para a carreira na escola - Algúns estudos de caso (entrevista con  colegas de Noruega e Suecia); A plataforma do proxecto de e-learning: como utilizala e como mellorala; as competencias dos profesores e os profesionais da orientación; o papel dos profesores e os profesionais da orientación nun sistema de calidade; o profesional reflexivo e reflexión sobre o aprendido; etc.

Adicionalmente, os participantes tiveron a ocasión de levar a cabo visitas de estudo, por exemplo, ao centro "Porta Futuro",  un servizo de orientación profesional na cidade de Bari, así como a outros servizos pertenencientes á Universidade de Bari.

 

 

111.REBE