Please enable JS
  • slider21.jpg

O desenvolvemento comunitario, o diálogo interxeracional e a promoción do avellentamento activo, son algúns dos resultados que a investigadora Lucía Abarrategui presentou o pasado decembro do 2022 con motivo da defensa da súa tese de doutoramento.

Hoxe, o xornal da USC fai eco desta investigación, que avaliou o proceso de creación dun espazo radiofónico onde, tanto alumnado do CEIP de Barouta como persoas maiores da zona,  abordaron aspectos sobre o patrimonio cultural . Entre as principais conclusións da investigación titulada:  ‘A radio como recurso para a promoción da educación interxeracional, o avellentamento activo e a inclusión sociocomunitaria’ despréndese que a iniciativa permitiu romper estereotipos, mellorar as relacións entre persoas mozas e maiores, potenciar o envellecemento activo e motivar a aprendizaxe

Radio sen Idade_CEIP Barouta en Radio Ames.jpeg

Radio sen Idade, CEIP Barouta (A Coruña) 

Con esta tese, Lucía Abarrategui xunto co seu titor Jesús Rodríguez  e titora Helena Zapico  (membros do Grupo de Investigación Stellae), constatan que a radio supón unha oportunidade para o diálogo entre xeracións e a promoción dunha sociedade para todas as idades.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/investigacion-estuda-rol-radio-promover-dialogo-xeracions-avellentamento-activo