Please enable JS
  • slider21.jpg

O mércores 25 de xaneiro tivo lugar a primeira reunión do proxecto E-ProFun (TED2021-130283B-C21) do que o Grupo Stellae forma parte e que ten nun dos seus subproyectos ao profesor Fernando Fraga-Varela como IP. Tamén participan no conxunto do proxecto como Investigadores Principais María de los Ángeles Gómez González, Alfonso Lago Ferreiro e José Carlos López Ardao.

Comézase así a delimitar e abordar as distintas fases de traballo nun proxecto interdisciplinar no que participan as Facultades de Filoloxía (USC e UAB), Educación (USC) e a Escola de Enxeñería de Telecomunicacións da UVigo.

O obxectivo é desenvolver unha plataforma dixital especialmente deseñada para centros educativos de Educación Primaria facilitando o ensino da pronuncia en inglés ao alumnado. Contémplanse procesos de Gamificación e Intelixencia Artificial que posibilite unha plena adaptación á realidade curricular dos diferentes niveis educativos. Tamén ofrecer apoio nos procesos de avaliación do profesorado.

O proxecto atópase dentro da convocatoria estatal de "Proxectos de Transición Ecolóxica e Transición Dixital 2021" do Ministerio de Ciencia e Innovación.

 

WhatsApp Image 2023 01 27 at 09.38.51

WhatsApp Image 2023 01 27 at 09.39.30