Please enable JS
  • slider21.jpg

WhatsApp Image 2023-02-08 at 11.44.17.jpeg

Daniela Ramos Gonçalves, Jesús Rodríguez Rodríguez, José Antonio Caride Gómez, Laurence Vohlgemuth, Rosa Marí Ytarte e Belén Caballo Villar

 

A tese titulada "A articulación entre as escolas e os axentes culturais - artísticos locais: un estudo de caso en Lisboa (Portugal)", da investigadora Laurence Vohlgemuth e codirixida por Jesús Rodríguez Rodríguez e Belén Caballo Villar foi presentada o pasado 3 de febreiro do 2023. Baixo o programa de Doutorado en Equidade e Innovación en Educación, presente na Universidade de Santiago de Compostela, acadou a máxima cualificación, sobresaínte Cum Laude. 

 

O obxectivo central deste traballo é comprender como se articulan as prácticas dos axentes e dos organismos de produción e difusión artística e cultural cos dos centros de ensino básico. Esa articulación desenvólvese en dous niveis: un institucional e outro individual. Para tentar responder as preguntas, este traballo adopta un enfoque esencialmente cualitativo, optando por un estudo de caso. Epistemoloxicamente, pretende describir situacións complexas, contextualizadas na súa especificidade e singularidade, adoptando para iso unha mirada comprensiva. Toda a obra está construída seguindo un movemento de aproximación ao caso en estudo: unha situación concreta de colaboración duradeira entre organizacións artísticas e culturais, unha escola privadas e un grupo de escolas públicas situadas no centro histórico de Lisboa. 

A nosa noraboa para a autora e aos seus co-titores que ven tan ben avaliado o seu longo traballo. 

 

Moita sorte nesta nova etapa, Laurence!