Please enable JS
  • slider21.jpg

Membros do grupo de investigación STELLAE participaron na organización das I Xornadas Internacionais Inclúye-T. Cando a competencia dixital favorece a inclusión social) que se celebraron na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), da Universidade de Santiago de Compostela os días 13 e 14 de setembro de 2017.

Acto de inauguración (coa presenza do Reitor da USC, Juan Viaño, o Director do Dpto. de Pedagoxía e Didáctica, Miguel A. Santos e a Coordinadora do Grupo Stellae, Adriana Gewerc)

 


De esquerda a dereita e de arriba abaixo, conferencia inaugural de Inés Dussel, conferencia de Clausura de Jordi Adell, experiencias docentes con tecnoloxía e mesa redonda

 


Na parte superior, dous momentos do obradoiro interactivo “Creación de contidos”, a cargo de María Pousa. Na parte inferior, dous imaxes do obradoiro interactivo “Seguridade na rede”, a cargo de Fernando Fraga e Ana Rodríguez Groba

 

  • Máis información na web das Xornadas. 
  • Gravación da Conferencia inaugural de Inés Dussel. 
  • Gravación daConferencia de clausura de Jordi Adell.