Please enable JS
  • slider21.jpg

Os membros do Grupo Stellae Jesús Rodríguez, Helena Zapico e Lola Sanz participan nos Comités Organizador e Científico do I Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola: Unha análise da última década, organizado polas tres universidades galegas, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e o mrp Nova Escola Galega, co apoio doutras entidades e institucións.

O congreso está pensado como punto de encontro entre profesionais e estudantado da Educación Social e do sistema educativo e, por extensión, de toda a comunidade educativa e da Administración, especialmente as corporacións locais implicadas en políticas educativas.

Terá lugar o venres 30 de setembro e o sábado 1 de outubro de 2016 en Ourense.

Máis información na web:

http://edusoescola.wix.com/congreso