REA
-
III Workshop sobre Recursos Educativos Abertos (III WREA): Os Recursos Educativos Abertos como eixo da innovación educativa
Os Recursos Educativos Abertos (REA) son unha proposta que xa leva desenvolvéndose hai máis de 10 anos no mundo educativo, en base aos principios do movemento aberto e inspirados no Software Libre. Institucións internacionais como a UNESCO ou a Unión Europea, a través da iniciativa Open Education Europa, están a facer un esforzo importante no desenvolvemento deste concepto, que non só implica un tipo de recurso novo, senón todo un modelo de participación e