Please enable JS

R é un software libre e flexible, orientado á análise estatística, que é cada vez máis empregado na investigación. Co obxectivo de mellorar as nosas competencias na análise de datos e ampliar coñecementos para o desenvolvemento de proxectos de investigación, celebraremos o curso de formación “Análise de datos estatísticos con R aplicado ás ciencias da educación”; que terá lugar os días 12, 16, 17 e 18 de xullo, na Facultade de Ciencias da Educación.