Please enable JS

Adriana  Gewerc  Barujel, coordinadora do Grupo de Investigación  Stellae, está a realizar unha estadía de investigación no Departamento de Investigacións Educativas (DIE), Cinevestav, en Ciudad de México; que terá unha duración de tres meses. Esta estancia está apoiada polo Programa de estancias de mobilidade de profesores e investigadores en centros estranxeiros de ensino superior e investigación, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.  

Como parte do seu labor durante estes meses, Adriana realizou unha serie de conferencias dirixidas á difusión dos resultados do Proxecto  CEDEPI, Competencia Dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión.

WhatsApp Image 2019 09 19 at 01.57.53