Please enable JS

O Grupo Cavila de Nova Escola Galega (NEG) en colaboración co Grupo de Investigación Stellae e outras entidades organizan o XI Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos que terá lugar o 21 de marzo de 2020 no Centro Sociocultural de Friol (Lugo).

Neste seminario titulado “A robótica na escola e nos fogares” reflexionarase sobre a tipoloxía de robots e estratexias metodolóxicas para empregar estes recursos e a toma de decisión construtivas en relación ao uso dos considerados robots educativos tanto no contexto familiar coma no escolar. A conferencia inaugural e o obradoiro serán impartidos pola Dra. Almudena Alonso Ferreiro, docente da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense e membro do Grupo de Investigación Stellae.

Os destinatarios do seminario serán nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, familias e persoas interesadas en cuestións relacionadas coa robótica educativa. As prazas para participar no obradoiro práctico xa están esgotadas pero quen o desexe poderá asistir á conferencia inaugural.

Para máis información: http://neg.gal/WebDefault.aspx?MenuInd=1&MenuId=416&Lng=gl-ES&tl=0

 

Captura