Please enable JS

Adriana Gewerc Barujel

Despacho :28

Extension:13785

ORCID ID  0000-0002-7369-9903

E-mail:adriana.gewerc@usc.es

Direccion: Rúa Xosé Mª Suárez Núñez, s/n (Campus Vida), 15782, Santiago de Compostela (A Coruña)

Páxinas persoais:

https://www.researchgate.net/profile/Adriana_Barujel

http://usc-es.academia.edu/AdrianaGewerc

https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=18976

http://webspersoais.usc.es/persoais/adriana.gewerc/

Traxectoria Profesional

É profesora, licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade Nacional de Córdoba, Arxentina, e Doutora en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Universidade na que actualmente traballa impartindo as materias de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación. A súa historia profesional e persoal divídese en dous mundos: os inicios en Córdoba-Arxentina e o seu ingreso nunha universidade española. Traballou aquí e alí orientada por dúas liñas: a formación de profesores en todos os niveis do sistema educativo e a relación teoría-práctica, ou como a teoría nos axuda a comprender a práctica cotiá dos profesores, profesión que asume como propia.

 

No seu desenvolvemento profesional interesouse de xeito constante pola didáctica en dous campos diferenciados pero complementarios: a universidade e a escola primaria. Por unha banda, a universidade, e o significado da docencia nela. É o contexto organizativo onde realiza a súa práctica como profesora, polo tanto a análise e a investigación sobre a propia práctica teñen alí todo o seu sentido. A súa tese doutoral apuntou á comprensión da identidade profesional do profesorado universitario.

 

A escola primaria é o lugar onde exerceu nos seus inicios, como asesora pedagóxica nun contexto de innovación, e onde tivo oportunidade de aprender e aprender o pracer de aprender, de mestres e alumnos. Continuou nesa liña de investigación, desde as súas clases na diplomatura de maxisterio, cuxos resultados poden verse en diversas publicacións e traballos dirixidos.

 

Nestes momentos, a integración das tecnoloxías da información e a comunicación e o significado do ensino nese contexto, transfórmanse no eixo a través do que conflúen os dous campos de traballo. Así mesmo, na actualidade, coordina proxectos de cooperación interuniversitaria de carácter internacional.