Please enable JS

Mª del Pilar Vidal Puga

Traxectoria Profesional

É Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación e Diplomada en Maxisterio pola USC, con Premio Fin de Carreira en ambas titulacións. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) co Traballo de Investigación Tutelado titulado: “Estudio descriptivo de la integración del ordenador y los materiales multimedia educativos en escuelas de Primaria de Galicia", dentro dos cursos de doutorado do Departamento Didáctica e Organización Escolar da USC. Foi bolseira de investigación de Terceiro Ciclo da Xunta de Galicia, de Formación do Profesorado Universitario (FPU) do MEC e bolseira Posdoutoral do MEC.

 

Dende 2005 é Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, co tema da integración das TIC, dende o punto de vista organizativo, profesional e curricular, levando a cabo un estudio de caso dunha escola de Primaria de Galicia. Ademais é Coordinadora en España e Portugal do proxecto de investigación e intercambio denominado "FormAI: Formación docente para actuar en Ambientes Informáticos de aprendizaje", galardoado con o primeiro premio del II CertamenIntercampus de Investigación e docencia na Rede 2004 (www.campusred.net/certamen), na modalidade de Investigación e Teses doutorais. Participou en diferentes investigacións a nivel nacional e internacional, realizou numerosas estancias de investigación en universidades e centros educativos estranxeiros e participou en numerosos eventos de carácter científico (cursos, congresos, seminarios, etc.).

 

Posúe una ampla experiencia docente, en niveis dende Educación Infantil a postgrao.