Please enable JS

Silvia López Gómez

ORCID ID  0000-0002-5256-0793

E-mail:silvialopez.gomez@usc.es

Traxectoria Profesional

Silvia López Gómez é Doutora e Licenciada en Pedagoxía con Máster Oficial en Procesos de Formación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Especialista en Deseño e Creación Multimedia: usabilidade e interactividade pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC) e en Deseño, desenvolvemento e titorización de cursos on-line pola Universidade Complutense de Madrid (UCM). Conta tamén cun postgrado en Arte Dramático.

Ademais de membro do Grupo de Investigación Stellae, forma parte do Grupo de Traballo sobre Materiais Didácticos CAVILA (Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega). Tamén forma parte da Asociación RUTE (Red Universitaria de Tecnología Educativa), de RiDiVi (Red de Excelencia de I+D+i en Videojuegos) e do consello editorial da Revista Galega de Educación (RGE).

En 2014 comenza a súa carreira como investigadora e no curso 2018-19 inicia a súa etapa como docente universitaria. Actualmente exerce como profesora interina na Facultade de Formación do Profesorado da USC (Campus de Lugo).

A súa tese doutoral titulada «Análise descritiva e interpretativa do deseño e contido dos videoxogos elaborados en Galicia», dirixida polo Dr. Jesús Rodríguez Rodríguez, recibiu no ano 2019 o segundo premio á mellor tese doutoral RUTE.