Denébola Álvarez Seoane

Despacho :P0A10
Extension:4866 (881 014 688)
ORCID ID 0000-0002-5377-4849
E-mail:denebola.alvarez.seoane@udc.es
Direccion:Facultade de Ciencias da Educación UDC. Campus de Elviña. CP 15071 - A Coruña
Páxinas persoais:
https://www.researchgate.net/profile/Carmen_Alvarez_Seoane
Mestra especialista en Educación Física pola Universidade da Coruña (UDC), Licenciada en Pedagoxía na orientación de Pedagoxía Escolar: Formación docente e dirección de Centros Educativos e na orientación de Pedagoxía Social e Laboral pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), mestría no Máster Universitario en Procesos de Formación co módulo de Innovación e Calidade (USC) e Doutora en Equidade e Innovación na Educación con mención internacional (USC-UDC-UVIGO-UC-UNIOVI).
Disfrutou diferentes bolsas e contratos de investigación durante a súa formación inicial (bolseira de colaboración do Ministerio de Educación, bolseira de investigación en ciencias sociais da Deputación da Coruña e axuda de apoio á investigación da Xunta de Galicia) e actualmente é profesora interina de substitución na Universidade da Coruña. Ten experiencia profesional en diferentes contextos educativos do ámbito escolar e comunitario: centros escolares, museos e concellos.
Traballa en diferentes liñas de investigación vinculadas aos materiais didácticos e a tecnoloxía educativa: desenvolveu a súa tese de doutoramento sobre “Materiais didácticos en soporte impreso e dixital elaborados co apoio da administración local. Estudo prospectivo e descritivo na provincia da Coruña” e participou nos proxectos de investigación “Deseño Curricular e Boas Prácticas en Educación Infantil: unha visión internacional, multicultural e interdisciplinar” (EDU2012-30972), “A escola da sociedade dixital: análise e achegas para a produción e uso dos contidos dixitais educativos” (EDU2015-64593-R) e “Os materiais didácticos dixitais na Educación Infantil. Análise e achegas para o seu uso na escola e no fogar”.