Please enable JS

Ana Rodríguez Groba

Despacho :69 Módulo C2

Extension:881813942

ORCID ID  0000-0001-6372-6851

E-mail:ana.groba@usc.es

Direccion:Rúa Xosé María Suárez Núñez. (C.Sur) 15782 Santiago De Compostela (A Coruña)

Traxectoria Profesional

Licenciada en Pedagoxía (2011) na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (Premio Fin de Carrera da Xunta de Galicia). Completou a súa formación con Psicopedagoxía (2013) e co Máster Universitario en Procesos de Formación (RD 1393/2007) cursando a especialidade de Innovación e Calidade (2013) e cun Traballo Fin de Máster sobre o ensino con novas tecnoloxías, que marca un percorrido que prosegue na actualidade.

Tras un ano de axudante en investigación cunha bolsa dentro do proxecto “Fortalecemento institucional de áreas dedicadas ao ensino universitario con novas tecnoloxías” (2012), e de gozar dun ano de bolsa predoctoral da Xunta de Galicia e dun Contrato de Formación de Profesorado Universitario (FPU 2013) presentou a tese “Ensino con redes sociais e aprendizaxe autorregulado. Un estudo de caso na universidade”(2019), coa que obtivo o premio Fin de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela e o 1º premio RUTE á Mellor Tese Doutoral en Tecnoloxía Educativa.
 
A súa formación compleméntase coa asistencia e participación en xornadas, congresos, cursos e seminarios que teñen como obxecto as tecnoloxías nos distintos niveis educativos ademais da realización de estancias de investigación na Universidade de Oulu (Finlandia) e no Instituto de Tecnoloxía e Didáctica de Xénova (Italia). Participa tamén en proxectos de carácter nacional e europeo que teñen principalmente como eixo a tecnoloxía e a didáctica.
 
Desde o 2020 é profesora axudante doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, da área de Didáctica e Organización Escolar na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida, Santiago.