Please enable JS

Esther Martínez Piñeiro

Despacho :19

Extension:13751

ORCID ID  0000-0002-6568-4787

E-mail:esther.martinez@usc.es

Direccion: Rúa Xosé María Suárez Núñez. (C.Sur) 15782 Santiago De Compostela (A Coruña)

Páxinas persoais:

 https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=850426

Traxectoria Profesional

Esther Martínez Piñeiro licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en 1990, na antiga Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación, na Sección de Pedagoxía, tras facer a especialidade de Intervención Socioeducativa, ámbito de formación, intervención e investigación ao que dende entón sentiuse ligada. Realizou os cursos de doutorado no Departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE) de dita universidade. Defendeu a súa tese doutoral en 1999, centrada na avaliación da Formación Ocupacional en Galicia, pola que obtivo o Premio Extraordinario de Doutorado correspondente a ese ano. Na actualidade é Profesora Titular do Departamento de MIDE da USC e responsable de impartir as materias de Métodos e técnicas de investigación na acción socioeducativa, e Avaliación na Educación Social, ambas do grado de Educación Social.

 

Compaxinou a súa actividade docente e investigadora co cargo de "Vicedecana de Coordinación do Practicum e dos Proxectos de Mellora da Calidade" da Facultade de Ciencias da Educación durante o período 2003-2006. Na actualidade coordina o curso ponte do Grado de Educación Social e é representante da comunidade universitaria no Patronato da Fundación USC Deportiva.