Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Se no cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso. Máis info - Pechar
icono-movil
iartem
medm.symposium@usc.es
iartem

ME&DM Symposium

Simposio Internacional de ME&DM

  • Data: 24 e 25 de xaneiro de 2019
  • Lugar: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)
  • Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n. 15782 Santiago de Compostela
  • Contacto: medm.symposium@usc.es

Presentación e obxectivos do Simposio

A proposta de levar a cabo este Simposio xorde da necesidade de dar visibilidade ás investigacións educativas arredor dos materiais musicais, desde o grupo de música de IARTEM (International Association for Research on Textbooks and Educational Media) e o Grupo de Investigación STELLAE (Universidade de Santiago de Compostela), coa finalidade de ofrecer un espazo común para o debate a todo o profesorado e persoal investigador que sente inquedanza pola temática. Contamos, ademais, coa colaboración da SEM-EE (Sociedad para la Educación Musical del Estado Español), MusiCrearte, e de organismos internacionais como o MERYC - EU (European Network for Music Educators and Researchers of Young Children) e o Early Childhood Music Education and Musical Childhoods - Mediterranean Forum.  

As persoas participantes no Simposio, procedentes de diversos países, poderán formar parte do núcleo dunha rede futura, que posibilitará levar a cabo análises comparados entre países, destacando as diferenzas e as semellanzas, entre outras accións.

O ME&DM International Symposium pretende constituírse nun marco de transferencia educativa axeitado para promover o coñecemento e o establecemento de novas implicacións e/ou colaboracións entre grupos e/ou persoas de diferentes etapas educativas e realidades socio-culturais musicais, tendo como obxectivo establecer sinerxías e contribuír a enriquecer o traballo de diferentes investigacións e experiencias no ensino de réxime xeral e especial nos diversos ámbitos da educación musical.

Convídase a participar a profesionais da educación con preocupación pola investigación educativa relacionada coa ensinanza musical e os materiais didácticos mediante a asistencia, contribución, promoción e presentación do coñecemento educativo xerado.

ME&DM Symposium

Deixámovos algunhas suxerencias de sitios donde dormir, donde comer ou que visitar en Santiago de Compostela.

Pautas que debes seguir se queres participar no simposio expoñendo o teu traballo.

Decátate de todos os prazos e datas importantes para participar ou asistir a Me&Dm simposio.

Programa do Me&Dm Simposio: Conferencias, actividades, descansos, lugares de reunión, etc..

Colaboradores

Universidade de Compostela

Universidade de Compostela

Rede de investigación en educación e formación para a cidadaní­a e a sociedade do coñecemento

Rede de investigación en educación e formación para a cidadaní­a e a sociedade do coñecemento

Feder

Feder

Gobierno de España

Gobierno de España

sem-EE

sem-EE

Facultade Ciencias información

Facultade Ciencias información

Facultade Formación do profesorado

Facultade Formación do profesorado

MUSICREARTE

MUSICREARTE

Mediterranean Forum For Early Childhood Music Education And Musical Childhoods

Mediterranean Forum For Early Childhood Music Education And Musical Childhoods

MERYC (European Network)

MERYC (European Network)

Escuela En Clave Método Suzuki

Escuela En Clave Método Suzuki

Universidade da Coruña

Universidade da Coruña

Universidade de Vigo

Universidade de Vigo

NEG

NEG

REUNID

REUNID