Mellorando MOREA
Posted by Emma Suárez on viernes 28 noviembre 2008 - 20:09:10

Nestas últimas semanas levamos a cabo diversas modificacións no repositorio MOREA, modificacións coas que pretendemos facer o noso repositorio máis sinxelo e intuitivo.

Entre estas modificacións cabe destacar:

Xa podemos, dende calquera plataforma importar manualmente os obxectos descargados de MOREA (co formato IMS).  Ata ó de agora isto só era posible instalando un plugin adicional no moodle, o que limitaba a súa utilidade.

Incluiuse a posibilidade de buscar obxectos especificando una “idade aproximada?, co que pretendemos facer as buscas máis efectivas, xa que consideramos que é un dos criterios maís representativos á hora de procurar materiais moreaidade.jpg

Incluimos unha etiqueta específica para materiais de pizarra dixital (sección “palabras clave?), polo tanto, se marcamos esta etiqueta, todolos materiais que imos atopar, serán materiais específicos para empregar nestas pizarras

Tamén se incluiron, na sección de busca, unhas  iconas con forma de colector, que nos permiten eliminar algún dos criterios de busca de forma sinxela. Isto é especialmente útil no caso de que a busca que estamos a facer nos devolva poucos ou ningún resultado.
moreabusca.jpg

Tamén arranxamos certos problemas que tiñamos na versión en castelán, polo que xa temos o repositorio totalmente funcional en galego, castelán e inglés

Enviar mail a alguien modo impresión


Debe iniciar la sesión en este sitio como usuario registrado para poder dejar sus comentarios - Si no es un usuario registrado pulse aquí para realizar el registro Aqui para conectarse