O Proxecto PIETIC no Congreso A Fenda Dixital
Posted by PIETIC on lunes 15 diciembre 2008 - 07:52:53

 O pasado día 21 de Novembro, o Grupo de Investigación Stellae, representado por Fernando Fraga, participou no II Congreso Ibérico A Fenda Dixital. Nesta ocasión, o congreso tiña por título A fenda dixital: as TIC, entre a escola e a comunidade, e neste sentido desenvolveuse precisamente a nosa participación.

Na sección de experiencias, mostramos parte do traballo que estamos desenvolvendo no Proxecto PIETIC, centrando a nosa participación nas diferentes posibilidades de configuración dos portais de centro como elementos crave para o desenvolvemento de vínculos coa comunidade e a súa proxección nas redes de comunicación. Co software que hoxe en día soporta estas estruturas, os portais de centro son, sen dúbida, elementos cun enorme potencial para a construción de espazos virtuales adaptados ás necesidades concretas de cada centro e por esta cuestión precisan dun traballo específico no proxecto.

fenda_dixital_2.jpg


Enviar mail a alguien modo impresión


Debe iniciar la sesión en este sitio como usuario registrado para poder dejar sus comentarios - Si no es un usuario registrado pulse aquí para realizar el registro Aqui para conectarse