Material de axuda para a publicación de noticias no portal
Posted by PIETIC on viernes 19 diciembre 2008 - 10:51:49


drupal.jpg

Engadimos á sección de recursos do portal, no apartado correspondente, dous documentos que pretenden dar algunhas indicacións á hora de publicar unha noticia en Drupal, software libre co que se xestionan actualmente os portais dos centros educativos dependentes da Consellería de Educación. Aproveitamos para dicir que esta sección está en continua actualización, engadindo moitos materiais.
 
Por un lado, temos o Resumo de pasos para a publicación de noticias en Drupal. O documento consta de cinco ideas básicas explicadas de maneira sinxela que nos orienten de xeito secuencial na publicación. Estas ideas son: Ter permisos para publicar
Saber o que imos publicar
Editar a noticia
Engadir imaxes á noticia
Publicar a noticia

Seguindo estes pasos cumpriremos os requisitos para publicar. Sen embargo trátase de cinco ideas básicas que non ofrecen detalle algún sobre outros aspectos de Drupal. Para iso, publicaremos proximamente un titorial que abarcará toda a funcionalidade do mesmo.
Pola outra banda, elaboramos O material de axuda para reducir o tamaño das imaxes: Picasa. A finalidade é que as imaxes que publicamos nas noticias non sexan excesivamente pesadas, de aí a necesidade de tratar este aspecto con algún software como Picasa.  Como consecuencia as imaxes cargarán máis rápido.

Aínda que se poden utilizar outros software para esta tarefa, este é sinxelo e rápido de usar.

Enviar mail a alguien modo impresión


Debe iniciar la sesión en este sitio como usuario registrado para poder dejar sus comentarios - Si no es un usuario registrado pulse aquí para realizar el registro Aqui para conectarse