Posted by PIETIC on martes 16 junio 2009 - 17:31:04

No marco do proxecto Pietic presentamos o Manual de Drupal 1.0, unha ferramenta de xestión de contidos (CMS, Content Management System), que utilizan os centros educativos da nosa comunidade na elaboración das súas páxinas web.
Drupal é un software que unido a unha base de datos e instalado a un servidor, permite a creación dun sitio web dinámico no que é moi sinxelo participar e aportar información en forma de texto, imaxe, e ata audio e vídeo.

A través desta ferramenta o profesorado centra o seu traballo no uso educativo do espazo web, deixando de lado os aspectos técnicos que teñen que ver co mantemento e actualizacións…
Sen embargo, o desenvolvemento dun portal educativo sempre precisa de axuda e orientación. Este material pretende ser un apoio ao traballo que realiza o profesorado para apropiarse dunha ferramenta que permita e posibilite tanto a comunicación interna como a súa proxección externa cara a toda a comunidade.
Entendemos que o presente documento non é un produto final. É susceptible de revisións co paso do tempo, xa que como todo na vida, o software evoluciona, pero tamén as necesidades dos centros. De aí a denominación que usamos, v 1.0, tan técnica, pero que abre irremediablemente o camiño cara ao cambio.
Xa está activo o enlace á descarga na sección de recursos.
Xa está activo o enlace á descarga na sección de recursos.
Enviada por PIETIC [/html]
comment(s): 0