O grupo stellae ven de presentar con este vÃdeo o seu novo Cartafol Dixital.
Â
Â
Unha rede social de ensino é aprendizaxe, na que se integran diferentes ferramentas tales como blogs, calendarios, páxinas, perfÃs...
O video é o primeiro dun grupo de tutoriais para os entornos nos que estamos a traballar. A súa elaboración foi posible gracias á colaboración de Pablo Becerra, quen realizou unha estancia na nosa universidade como parte do convenio de traballo colaborativo que realizamos coa Universidade Nacional de Córdoba dentro da REDE UNISIC.

Drupal é un software que unido a unha base de datos e instalado a un servidor, permite a creación dun sitio web dinámico no que é moi sinxelo participar e aportar información en forma de texto, imaxe, e ata audio e vÃdeo.
Xa está activo o enlace á descarga na sección de recursos.
Enviada por PIETIC [/html]
Acabamos de activar na parte superior dereita de esta páxina un enlace dirixido ao Repositorio de Traducións do Grupo Stellae.
Aà aparece reflectido a nosa labor na tradución ao galego e castelán de moitos dos software que utilizamos habitualmente no traballo diario do proxecto.
Cabe destacar a tradución ao galego de algún software moi interesante desde unha perpectiva do coñecemento constructivista, phun e squeak, para facilitar e promover o seu uso na Comunidade Autónoma de Galicia. Pero tamén hai outras  ferramentas útiles en ensino, como é o caso do ELGG, Door, Superswiki2… As traducións están dispoñibles para a súa descarga. As últimas activadas son
 -ELGG 0.9 ao galego (pluggin folio, calendario, categorÃas, craptcha, nube de tags).
 -ELGG 0.9 ao castelán.
 -Squeak ao galego.
 -Squirrelmail ao galego.
 -Door ao galego.
Cedo activaremos a tradución do e107 e do nsis ao galego, que se atopan en proceso de revisión final.
Xa está dispoñible a nosa instalación Phun Pietic, na súa versión 4.22, que  podemos descargar aquà ou ben desde a zona de recursos, na parte de Phun Pietic . A mesma  foi elaborada co consentimento dos creadores do software.
Esta instalación, ademais de estar en galego, incorpora algún proxectos interesantes desde un punto de vista educativo.

 Por un lado, temos o Resumo de pasos para a publicación de noticias en Drupal. O documento consta de cinco ideas básicas explicadas de maneira sinxela que nos orienten de xeito secuencial na publicación. Estas ideas son: Ter permisos para publicar
Saber o que imos publicar
Editar a noticia
Engadir imaxes á noticia
Publicar a noticia
Seguindo estes pasos cumpriremos os requisitos para publicar. Sen embargo trátase de cinco ideas básicas que non ofrecen detalle algún sobre outros aspectos de Drupal. Para iso, publicaremos proximamente un titorial que abarcará toda a funcionalidade do mesmo.
Pola outra banda, elaboramos O material de axuda para reducir o tamaño das imaxes: Picasa. A finalidade é que as imaxes que publicamos nas noticias non sexan excesivamente pesadas, de aà a necesidade de tratar este aspecto con algún software como Picasa.  Como consecuencia as imaxes cargarán máis rápido.
AÃnda que se poden utilizar outros software para esta tarefa, este é sinxelo e rápido de usar.
Na sección de experiencias, mostramos parte do traballo que estamos desenvolvendo no Proxecto PIETIC, centrando a nosa participación nas diferentes posibilidades de configuración dos portais de centro como elementos crave para o desenvolvemento de vÃnculos coa comunidade e a súa proxección nas redes de comunicación. Co software que hoxe en dÃa soporta estas estruturas, os portais de centro son, sen dúbida, elementos cun enorme potencial para a construción de espazos virtuales adaptados ás necesidades concretas de cada centro e por esta cuestión precisan dun traballo especÃfico no proxecto.

Nestas últimas semanas levamos a cabo diversas modificacións no repositorio MOREA, modificacións coas que pretendemos facer o noso repositorio máis sinxelo e intuitivo.
Xa podemos, dende calquera plataforma importar manualmente os obxectos descargados de MOREA (co formato IMS). Ata ó de agora isto só era posible instalando un plugin adicional no moodle, o que limitaba a súa utilidade.
Incluiuse a posibilidade de buscar obxectos especificando una “idade aproximadaâ€?, co que pretendemos facer as buscas máis efectivas, xa que consideramos que é un dos criterios maÃs representativos á hora de procurar materiais

Incluimos unha etiqueta especÃfica para materiais de pizarra dixital (sección “palabras claveâ€?), polo tanto, se marcamos esta etiqueta, todolos materiais que imos atopar, serán materiais especÃficos para empregar nestas pizarras
Tamén se incluiron, na sección de busca, unhas  iconas con forma de colector, que nos permiten eliminar algún dos criterios de busca de forma sinxela. Isto é especialmente útil no caso de que a busca que estamos a facer nos devolva poucos ou ningún resultado.

Para poñer o galego como idioma seguiremos os seguintes pasos:
Descargar o arquivo galego.cfg.
Gardar o arquivo e mover o mesmo dentro da carpeta de phun (languages), que pode estar situada en distintos sitios. Polo xeral; c:\archivos de programa\phun\data\languages. Logo teremos que abrir phun, e en archivo cambiar o idioma ao galego.
En estes momentos estamos en contacto cos creadores para pechar a posibilidade do instalador en galego, incorporando o mesmo como idioma predefinido e proxectos desde unha perspectiva máis educativa.


Acabamos de colocar no apartado de Recursos do Proxecto Pietic unha nova versión do USCSqueak . Este instalador precisa ter previamente instalado o navegador Firefox. Rematada a instalación, moito máis rápida que co instalador anterior, teremos un plugin que permitirá ver desde o navegador os proxectos do Repositorio de Squeak, asà como modificar e elaborar unha nova versión do proxecto sen sair da web. Compre sinalar que o menú engadido na zona superior permite un completo manexo desde o Encerado Dixital, sen necesidade de usar teclado ou rato, aumentando as súas posibilidades con todos os dispositivos que se empregan nos centros e facilitando o seu uso desde Ed. Infantil.
Con Phun podemos debuxar diversos obxectos con forma aleatoria ou ben cÃrculos e paralelogramos. Ademais podemos combinar eses debuxos para elaborar unidades máis complexas. Despois poderemos activar a simulación para ver como actúan as diferentes opcións sobre o noso debuxo.
Para traballar con el está dispoñible na parte de recursos un titorial de uso que servirá para atopar utilidade ás opcións que ofrece o programa. A instalación tamén a atoparemos na parte de recursos.
Contactaremos cos creadores do proxecto para estudiar a posibilidade dun instalador en galego.
Proximamente iremos publicando algúns consellos e posibilidades para facer actividades cos alumnos e alumnas utilizando Phun Pietic. Podedes atopar na web oficial moitas escenas elaboradas por aficionados ao software. Outra forma de facerse unha idea das posibilidades de Phun é ver algúns vÃdeos en youtube, como o seguinte.