MOREA: Repositorio de obxectos de aprendizaxe
Posted by Emma Suárez on martes 24 junio 2008 - 12:00:15


morea.jpg

Recentemente acábase de poñer en funcionamento de novo o repositorio de obxectos de aprendizaxe de MOREA. Como novidade máis destacada podemos reseñar o feito de que ademais de recursos para a educación superior, incluiranse outros para as etapas non universitarias. Os materiais multimedia contidos neste repositorio caracterízanse sobre todo pola súa alta reusabilidade nos procesos de ensino – aprendizaxe.

Os membros do Proxecto PIETIC poderán acceder a eles utilizando o mesmo nome de usuario que teñen no portal PIETIC. Este perfil de usuario permitiralles non só descargar todos os arquivos que alí se atopan senón tamén subir os obxectos propios para que, deste xeito, toda a comunidade educativa poida facer uso deles. Aqueles que non pertenzan ao Proxecto PIETIC pero estean interesados en utilizar os recursos, poderán entrar desde unha conta de invitado que lles permitirá baixar os obxectos aínda que non lles permitirá participar na construcción do repositorio
.

Para facilitar a utilización da web de MOREA, temos á vosa disposición un titorial que podedes descargar aquí.

Enviar mail a alguien modo impresión

Máis novidades sobre o USCSqueak
Posted by Emma Suárez on jueves 12 junio 2008 - 10:46:09

flash2.jpg

Queremos informarvos de que xa está á vosa disposición o instalador do USCSqueak, versión do software adaptada ao galego polos membros do Grupo Stellae. Ainda que polo momento a versión tan só está dispoñible para Windows, próximamente se poderá usar tamén en Linux.

Ademais, podedes consultar dous novos titoriais en flash elaborados por Fernando Fraga sobre o funcionamento do software en cuestión. Este formato de titorial permitirá ao usuario avanzar ao seu ritmo no coñecemento do Squeak dun xeito práctico e moi visual.


Enviar mail a alguien modo impresión

4º Encontro de participantes do Proxecto PIETIC
Posted by Emma Suárez on martes 10 junio 2008 - 12:05:38


4º Encontro de participantes do Proxecto PIETIC

morea_2.jpg

O pasado venres 6 de Xuño, celebrouse a última xuntanza deste curso escolar dos membros do proxecto PIETIC. Nela, os asistentes tiveron a oportunidade de afondar no funcionamento do repositorio de obxectos de aprendizaxe MOREA. Experimentaron eles mesmos como subir ou descargar arquivos do repositorio, así como os distintos aspectos referentes ás distintas licenzas de uso e manipulación dos recursos.


Despois da tarde de traballo, todos os participantes desfrutaron de un merecido refrixerio, que valeu para deixar un bo sabor de boca de cara ao traballo do próximo curso escolar e celebrar ao mesmo tempo a chegada das vacacións de verán.







Enviar mail a alguien modo impresión

Primeiros pasos co Squeak de PIETIC
Posted by Emma Suárez on mircoles 28 mayo 2008 - 12:05:49

titorial.jpg

Recentemente ven de publicarse na nosa web o titorial de uso do software USCSqueak.

Este manual foi elaborado por Fernando Fraga Varela, membro do Grupo de Investigación Stellae e é un excelente material de apoio para aqueles que se poñan en contacto por primeira vez con este software e queiran comezar a crear os seus propios proxectos. Inclúense ademáis indicacións sobre como publicar o traballo no Servidor de Proxectos Superswiki de Pietic, ou de como utilizar o Squeak como ferramenta para a investigación no aula.


Enviar mail a alguien modo impresión

SQUEAK: Guía de inicio rápido aos eToys
Posted by Emma Suárez on martes 27 mayo 2008 - 13:24:40

squeak2.jpg

Xa está á disposición de todos os usuarios a guía de uso xeral para Squeak.

Esta guía de libre acceso é unha adaptación e traducción ao galego da creada pola Junta de Extremadura, que podemos atopar na web http://squeak.educarex.es. Foi elaborada po Emma Suárez Nieto coa colaboración de Fernando Fraga Varela, membros do Grupo de Investigación Stellae. Este documento pretende servir de axuda para todos aqueles usuarios que estean interesados en mergullarse nas posibilidades que o software Squeak ofrece no ensino.

Trátase de unha información sinxela e de fácil manexo que recolle todos aqueles aspectos básicos utilizados nos eToys, tales como ferramentas, manipuladores de obxectos, creación de guións, etc.


Enviar mail a alguien modo impresión

3º Encontro de participantes do Proxecto PIETIC
Posted by PIETIC on martes 20 mayo 2008 - 09:49:28

p5160026.jpg

O pasado venres 16 de Maio celebrouse na Facultade de Ciencias da Educación a 3ª xuntanza dos membros do Grupo Stellae e os centros participantes no Proxecto PIETIC. Todos eles tiveron a oportunidade de participar de un taller do software Squeak. Este programa, baseado nas teorías constructivistas e construccionistas da aprendizaxe, contén numerosas ferramentas que permiten a elaboración de proxectos nos que ademáis é posible a inclusión de diversos elementos multimedia como sons, vídeos, etc, que axudan a enriquecer notablemente as experiencias de ensino e aprendizaxe. Cabe destacar que os membros do Grupo Stellae veñen de facer a adaptación do Squeak ao galego, e foi con ésta coa que estiveron a traballar.

p5160029.jpg

Foi unha sesión eminentemente práctica na que os profes se sentiron alumnos por un día e puideron comprobar por sí mesmos todas as vantaxes do software ao mesmo tempo que se divertían como nenos. Entregóuselles aos asistentes un material de apoio en papel que proximamente estará na web de PIETIC http://stellae.usc.es/pietic

Enviar mail a alguien modo impresión

Comentario sobre a web do CRA de Rianxo na Voz de Galicia
Posted by Adriana Gewerc on viernes 02 mayo 2008 - 16:49:12

nio.jpg
O pasado 23 de abril, na Voz de Galicia (Edición Barbanza) comentase sobre a web dinámica do Cra de Rianxo, resaltando o feito de que os alumnos e alumnas participen na actualización do contido. Valorase moi positivamente o traballo dos docentes incorporando noticias con imaxes sobre o traballo cotidiano nas escolas, como unha maneira mais de estabelecer comunicación cos pais. Unha vez mais ponse de relevo o traballo que se está a realizar, utilizando a web dinámica como un espazo de comunicación entre as diferentes escolas do CRA e con os pais e nais. Máis información en http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/04/23/0003_6757538.htm
Enviada por Adriana Gewerc

Enviar mail a alguien modo impresión

2º Encontro de participantes Proxecto PIETIC
Posted by PIETIC on lunes 21 abril 2008 - 13:32:02

O pasado venres 18 de abril tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación a celebración do segundo encontro do centros de Proxecto PIETIC . Neste encontro compartíronse experiencias sobre os procesos de integración dos portais de centro. Comentáronse os problemas e inquietudes atopadas ao longo do curso, observando deste xeito as diferenzas e similitudes nas súas liñas de traballo, ademais de aprender máis en profundidade algúns aspectos do funcionamento das webs dinámicas e as peculiaridades do software libre.

 
PICT3919.JPG

Tamén se lles fixo entrega dun pequeno manual de apoio para axudarlles a resolver as dúbidas que lles poidan surxir con respecto a aspectos técnicos da súa web.

PICT3917.JPG

Para rematar a tarde, puidemos desfrutar dun refrixerio acompañado dunha amena charla, que serviu como colofón á xornada de traballo.

PICT3924.JPG

Enviada por PIETIC

Enviar mail a alguien modo impresión

Premio Etwinning 2008 para o IES Xulián Magariños
Posted by PIETIC on jueves 17 abril 2008 - 18:10:02

etwinning_logo.gif


O profesor Adelino Pose Reino, Director do IES Xulián Magariños de Negreira, recolleu o pasado mes de marzo en Bucarest, un dos 10 premios nacionais Etwinning 2008.
 
negreira.jpg

Foto dos premiados, dispoñible dende a web do CNICE

O título do proxecto presentado é Integración del alumnado inmigrante en los centros escolares, e nel o IES Xulián Magariños irmanouse co instituto alemán Technisch-Wissenschaftliches Gymnasium Dillingen, para utilízar as ferramentas estatísticas e das TIC e estudar o progreso do proxecto de integración do alumnado inmigrante nos centros.

Máis información sobre o proxecto
Enviada por dotito66 [/html]

Enviar mail a alguien modo impresión

A construcción do portal no CRA de Rianxo
Posted by PIETIC on martes 22 enero 2008 - 17:01:39

escolas004.jpg O CRA de Rianxo está en pleno proceso de deseño do seu Portal. Tivemos xá un par de reunións sobre o seu sentido e posibilidades de satisfacer as necesidades do centro. O portal será o que o centro decida que sexa. Ambalas dúas foron moi interesantes e facilitaron a emerxencia dos motivos subiacentes.
Nelas analizamos o conxunto de aspectos implicados na construcción dun portal e os beneficios para todo o centro, facendo fincapé, entre outros aspectos:
1) Na importancia do “ser de todos? e non só da “administradora?, de compartir e colaborar.
2) Na oportunidade para“repensar? a organización do centro, as súas sinais de identidade. Como unha ferramenta que “transparenta? ao centro, reflicta a súa historia e o seu dinamismo.
3) No valor da proxección do centro en Internet a través do portal como espacio de comunicacións, como entorno onde se producen interaccións, como apertura á comunidade.
4) Na necesidade de reflexionar e compartir todas as decisións a tomar, dende as cuestións sobre o deseño ao tipo de contidos a incluir. Que criterios utilizar?
5) Na individualización das aportacións
6) A ubicación do portal no marco do Plan TIC do centro
Moito ánimo e enerxía para esta nova andaina. Nela estamos.

Enviada por Lourdes Montero Mesa [/html]

Enviar mail a alguien modo impresión

Ir a la página   <<        >>