MOREA
morea1.jpg¿Que é Morea?

Morea é un Repositorio de Obxectos para reutilizar con fins de ensino. Ten orientacións para o deseño de propostas de ensino con soporte web baseadas en diferentes estratexias didácticas: simulacións, webquest, estudo de casos, presentacións... Ademais, ofrece guías para a reutilización de recursos multimedia nos propios materiais de ensino.



Por outra banda, Morea facilita que o profesorado teña a man ferramentas de fácil acceso e de sinxela utilización ao facer accesible a gran cantidade de recursos web que neste momento están accesibles na rede. Trátase de incentivar o deseño de propostas de ensino con materiais multimedia para a web, que medien no proceso educativo potenciando a construción do coñecemento.

A continuación tedes os enlaces do titorial de uso do repositorio Morea e o acceso ao repositorio.

Tamén hay un terceiro enlace ao ELSI. É unha forma para catalogar obxetos de aprendixaxe seguindo o estandar LOM. Actualmente o noso repositorio ten integrado esta función polo que xa non fai falla utilizalo.

Enlaces:

- Páxina Web do Proxecto
- ELSI: Programa para etiquetar obxectos de aprendizaxe
-Repositorio
-Titorial de uso de repositorio de Morea




 boton-volver.jpg