Cartafol Electrónico do Proxecto Pietic

midelgg.JPG

¿Que é o Cartafol Electrónico do Proxecto Pietic?

O Cartafol Electrónico do Proxecto Pietic está creado co software Elgg.
O Elgg é unha aplicación que nos permite crear unha rede social. Esta rede vai medrando cada vez que por exemplo, engades un novo contacto, te rexistras nunha comunidade, ou publicas un post no teu blog.
Desta forma somos os propios usuarios os que creamos e compartimos os nosos coñecementos, a nosas novas, intereses, actividades, etcetera.


¿Que podo facer dentro do
Cartafol Electrónico do Proxecto Pietic?

Podes facer moitas cousas. O obxetivo principal é ter un espazo no que poder organizar o téu traballo, compartilo, comparalo e resolver as túas dúbidas. ¿E como consigues todo iso? Pois facendo amigos, leendo os blogs dos téus compañeiros, publicando no téu propio blog, empregando o calendario, etc.

O Elgg integra diferentes ferramentas,entre elas podes atopar o teu blog, un calendario, unha paxina para a xestión dos arquivos, un lector de novas (feed ou RSS), etc..


boton-volver.jpg