Noticias: : PHUN PIETIC
(Categoría: Pietic)
Enviada por PIETIC
miércoles 02 julio 2008 - 11:32:53


No 3º Encontro de participantes do Proxecto Pietic  fixemos referencia a un software chamado Phun. Trátase dun simulador en dúas dimensións que traballa sobre principios da física tales como densidade, gravidade, fricción…
Con Phun podemos debuxar diversos obxectos con forma aleatoria ou ben círculos e paralelogramos. Ademais podemos combinar eses debuxos para elaborar unidades máis complexas. Despois poderemos activar a simulación para ver como actúan as diferentes opcións sobre o noso debuxo.
Para traballar con el está dispoñible na parte de
recursos un titorial de uso que servirá para atopar utilidade ás opcións que ofrece o programa. A instalación tamén a atoparemos na parte de recursos.
Contactaremos cos creadores do proxecto para estudiar a posibilidade dun instalador en galego.
Proximamente iremos publicando algúns consellos e posibilidades para facer actividades cos alumnos e alumnas utilizando Phun Pietic. Podedes atopar na web oficial moitas
escenas elaboradas por aficionados ao software. Outra forma de facerse unha idea das posibilidades de Phun é ver algúns vídeos en youtube, como o seguinte.







Esta noticia proviene de
( http://stellae.usc.es/pietic/news.php?extend.24 )