Noticias: : Novo instalador USCSqueak
(Categoría: Pietic)
Enviada por PIETIC
mircoles 12 noviembre 2008 - 09:52:34

squeak3.jpg


Acabamos de colocar no apartado de Recursos do Proxecto Pietic unha nova versión do USCSqueak . Este instalador precisa ter previamente instalado o navegador Firefox. Rematada a instalación, moito máis rápida que co instalador anterior, teremos un plugin que permitirá ver desde o navegador os proxectos do Repositorio de Squeak, así como modificar e elaborar unha nova versión do proxecto sen sair da web. Compre sinalar que o menú engadido na zona superior permite un completo manexo desde o Encerado Dixital, sen necesidade de usar teclado ou rato, aumentando as súas posibilidades con todos os dispositivos que se empregan nos centros e facilitando o seu uso desde Ed. Infantil.




Esta noticia proviene de
( http://stellae.usc.es/pietic/news.php?extend.25 )