Noticias: : Phun en galego
(Categoría: Pietic)
Enviada por PIETIC
viernes 14 noviembre 2008 - 12:25:27

Xa finalizamos a tradución de phun ao galego, e xa está subida á páxina  do software. Así que si queredes, ben desde a zona de recursos ou desde a páxina oficial do Phun, podedes baixar o arquivo de tradución para engadilo ao programa, sempre que xa o teñades instalado.
Para poñer o galego como idioma seguiremos os seguintes pasos:

Descargar o arquivo galego.cfg.
Gardar o arquivo e mover o mesmo dentro da carpeta de phun (languages), que pode estar situada en distintos sitios. Polo xeral; c:\archivos de programa\phun\data\languages. Logo teremos que abrir phun, e en archivo cambiar o idioma ao galego.
En estes momentos estamos en contacto cos creadores para pechar a posibilidade do instalador en galego, incorporando o mesmo como idioma predefinido e proxectos desde unha perspectiva máis educativa.

phunpietic.jpg





Esta noticia proviene de
( http://stellae.usc.es/pietic/news.php?extend.27 )