Noticias: : Novo instalador Phun Pietic
(Categoría: Pietic)
Enviada por PIETIC
viernes 09 enero 2009 - 12:14:09

Xa está dispoñible a nosa instalación Phun Pietic, na súa versión 4.22, que  podemos descargar aquí ou ben desde a zona de recursos, na parte de Phun Pietic .  A mesma  foi elaborada co consentimento dos creadores do software.
Tamén actualizamos na web oficial de Phun a tradución en galego correspondente con esta versión.
Esta instalación, ademais de estar en galego, incorpora algún proxectos interesantes desde un punto de vista educativo.
Non vos esquezades que temos un titorial a vosa disposición, aínda que non corresponde á nova versión, senón a versión 3.5. Xa estamos a preparar un novo titorial adaptado á versión actual e que incorpore algún exemplo de uso nos centros educativos.
Recordamos que na web oficial de Phun hai toda unha chea de escenas. En youtube tamén se poden atopar vídeos como o seguinte, algúns deles titoriais, que poden servir de axuda na elaboración de modelos.




Esta noticia proviene de
( http://stellae.usc.es/pietic/news.php?extend.32 )